IES Ramón Menéndez Pidal
IES Ramón Menéndez Pidal
Dirección: A Coruña, Calle Mª Victoria Fdez-España, s/n.,15002,España.
Teléfono: 981203000
Estado: Abierto
IES Ramón Menéndez Pidal estableceuse nun lugar histórico que no seu día ocupou o Hospital de Caridade, que englobou ademais, no seu momento fundacional unha Sala de Partos Secretos, Casa de Expósitos e Hospicio ou Casas de Misericordia.
O Hospital de Caridade fora fundado pola Congregación do Espírito Santo e Santa María das Dores segundo vontade e legado testamentario de Teresa Herrera, que obtivo permiso para o seu establecemento por Real Célula do Consello de Castela de 24 de decembro de 1790.
O labor do Hospital foi moi beneficioso para a cidade, pero quizá a súa xesta máis significativa foi a súa participación na Expedición Balmis que saíu do porto da Coruña o 3 de novembro de 1803 como portadora da vacina a América. Foi a primeira expedición sanitaria de carácter internacional que deu a volta ao mundo. A ela contribuíu a Casa de Expósitos con 18 dos 22 nenos que portaron a vacina polo procedemento de “brazo a brazo” e coa propia Rectora da Casa de Expósitos que se responsabilizou do coidado dos nenos durante a viaxe.
O IES Ramón Menéndez Pidal comezou as súa actividade académica o 6 de novembro de 1972. Foi deseñado para unha capacidade de 1500 alumnos, pero ese curso iniciouno con só 400, impartíndose os niveis de 3.º a 6.º de Bacharelato e pospoñendo a implantación do COU para o curso seguinte.
Debe a súa orixe ás necesidades educativas que presentaba a cidade, pero materialízase grazas ás esixencias da UNESCO e do Banco Mundial, que estaban levando a cabo unhas actividades co Ministerio de Educación e Ciencia en materia de asesoramento a proxectos educativos e a concesión dun crédito que posibilitase a reforma do ensino que se está deseñando (Libro Branco, Lei Xeral de Educación).
Na visita que os expertos destes organismos internacionais realizan á cidade (días 25, 26 e 27 de xuño de 1969) ditaminan a necesidade de catro novos Centros de Ensino Medio.
Isto instrumentalízase por parte do MEC:
Transformando as seccións delegadas da Agra do Orzán e Monelos en Institutos Nacionais de Ensino Medio (Consello de Ministros de 4 de xullo de 1969).
Creando dous novos institutos que se levantan nos novos polígonos de Zalaeta e Elviña.
E por parte do Concello da Cidade:
Concedendo ao Ministerio de Educación os terreos de propiedade municipal, xerados pola implantación destes polígonos (A.M.C. Libro de Acordos, 16 de decembro de 1969).
Pleno Extraordinario: “Concesión ao MEC dun terreo sito sobre o parcelario que pertencera ao Hospital de Caridade e casa de Misericordia, nunha finca de 9500 m2 para a creación dun Centro de ensino medio”
¿Qué estudios se imparten en IES Ramón Menéndez Pidal?
Secundaria: se imparte educación secundaria obligatoria.
Ciclo Formativo de Grado Medio: se imparten ciclos formativos de grado medio.
Actividades Comerciales
Bachiller: se imparte bachillerato.
Ciencias y Tecnologia
Humanidades y Ciencias sociales
Ciclo Formativo de Grado Superior: se imparten ciclos formativos de grado superior.
Gestion de Ventas y Espacios Comerciales
Comercio Internacional (LOE)
Profesores de IES Ramón Menéndez Pidal
Nombre.Apellido | Alias | Alias | ¡Califica! | Nota Media |