Menu

A+ A A-

IES Ramón Menéndez Pidal

IES Ramón Menéndez Pidal logo

IES Ramón Menéndez Pidal

Estado: Abierto

Localidad: A Coruña, Calle Mª Victoria Fdez-España, s/n.

Código Postal: 15002 España

Teléfono: 981203000

Página Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmenendezpidal/

IES Ramón Menéndez Pidal estableceuse nun lugar histórico que no seu día ocupou o Hospital de Caridade, que englobou ademais, no seu momento fundacional unha Sala de Partos Secretos, Casa de Expósitos e Hospicio ou Casas de Misericordia.

O Hospital de Caridade fora fundado pola Congregación do Espírito Santo e Santa María das Dores segundo vontade e legado testamentario de Teresa Herrera, que obtivo permiso para o seu establecemento por Real Célula do Consello de Castela de 24 de decembro de 1790.

O labor do Hospital foi moi beneficioso para a cidade, pero quizá a súa xesta máis significativa foi a súa participación na Expedición Balmis que saíu do porto da Coruña o 3 de novembro de 1803 como portadora  da vacina a América. Foi a primeira expedición sanitaria de carácter internacional que deu a volta ao mundo. A ela contribuíu a Casa de Expósitos con 18 dos 22 nenos que portaron a vacina polo procedemento de “brazo a brazo” e coa propia Rectora da Casa de Expósitos que se responsabilizou do coidado dos nenos durante a viaxe.

O IES Ramón Menéndez Pidal comezou as súa actividade académica o 6 de novembro de 1972. Foi deseñado para unha capacidade de 1500 alumnos, pero ese curso iniciouno con só 400, impartíndose os niveis de 3.º a 6.º de Bacharelato e pospoñendo a implantación do COU para o curso seguinte.

Debe a súa orixe ás necesidades educativas que presentaba a cidade, pero materialízase grazas ás esixencias da UNESCO e do Banco Mundial, que estaban levando a cabo unhas actividades co Ministerio de Educación e Ciencia en materia de asesoramento a proxectos educativos e a concesión dun crédito que posibilitase a reforma do ensino que se está deseñando (Libro Branco, Lei Xeral de Educación).

Na visita que os expertos destes organismos internacionais realizan á cidade (días 25, 26 e 27 de xuño de 1969) ditaminan a necesidade de catro novos Centros de Ensino Medio.
Isto instrumentalízase por parte do MEC:

Transformando as seccións delegadas da Agra do Orzán e Monelos en Institutos Nacionais de Ensino Medio (Consello de Ministros de 4 de xullo de 1969).
Creando dous novos institutos que se levantan nos novos polígonos de Zalaeta e Elviña.
E por parte do Concello da Cidade:

Concedendo ao Ministerio de Educación os terreos de propiedade municipal, xerados pola implantación destes polígonos (A.M.C. Libro de Acordos, 16 de decembro de 1969).
Pleno Extraordinario: “Concesión ao MEC dun terreo sito sobre o parcelario que pertencera ao Hospital de Caridade e casa de Misericordia, nunha finca de 9500 m2  para a creación dun Centro de ensino medio”

¿Qué estudios se imparten?

Secundaria: se imparte
Ciclo Formativo de Grado Medio: Se imparte

Actividades Comerciales

Bachiller: Se imparte

Ciencias y Tecnologia

Humanidades y Ciencias sociales

Ciclo Formativo de Grado Superior: Se imparte

Gestion de Ventas y Espacios Comerciales

Comercio Internacional (LOE)

Profesores de IES Ramón Menéndez Pidal

Nombre.Apellido Alias Alias ¡Califica! Nota Media

Profesores Particulares de IES Ramón Menéndez Pidal




IES Ramón Menéndez Pidal localización.

From Address:

Valora este artículo
(3 votos)

Deja tus comentarios

Enviar un comentario como invitado

0 / 300 Restricción de Carateres
El texto debe estar entre 10-300 caracteres
Your comments are subjected to administrator's moderation.
terminos y condiciones.
  • No se han encontrado comentarios
volver arriba